top of page

                                                                                                                                                                                                                   1 de Novembro de 2013

 

Xa adiantabamos esta mañá que o partido ía ser complicado. O Azkar Lugo caeu ante ante un efervescente FC Barcelona, que parece qe vai a máis.

 

Comezaron os galegos ben o encontro, pois no minuto 1 xa ían gañando por 1 a 0, mercé ao gol de Antonio Diz. Porén, tratouse dunha miraxe que foi esmagando a ilusión dos galegos pouco a pouco: Os culés empataron no minuto 2 por obra de Igor, e desde ese momento nunca volveron a estar en inferioridade no marcador.

 

Os lugueses aguantaron o empate até o minuto 23, no cal Fernandão puxo en superioridade aos barcelonistas. Logo, un gol de Ari (minuto 35) e outro máis de Fernandão (no 36) deixaron o marcador nun contundente 1 a 4.

 

Non obstante, os xogadores do Azkar non se deixaron ir polas circunstancias, e outro gol de Antonio Diz no minuto 38 abriría as portas á esperanza se non for porque Wilde, segundos despois, fixo o 2 a 5 para os locais. A piques de se cumprir o tempo regulamentario, Ari anotou na súa conta o derradeiro gol do partido (2 a 6). Duro castigo para os lugueses, que quizais non mereceron unha derrota tan ampla.

 

Após esta noite, os galegos fican na duodécima praza da clasificación, con 6 puntos.

 

 

O Azkar Lugo cae ante o Barça

Lance dun partido do Azkar Lugo

bottom of page