x
g d
Xornal
GALDEPORTE
1 de Novembro de 2013
Gerardo Martino, adestrador do FC Barcelona, xa o advertiu esta semana: "non sacrificaremos o resultado polo xogo". Hoxe, confirmouse a intención do técnico arxentino, xa que o equipo venceu, mais non chegou a convencer, sobre todo no primeiro tempo. Os culés dominaban o xogo, mais nin por asomo chegaron a se aproximar á meta de Kiko Casilla até o minuto 43, no cal Daniel Alves estrelou un balón no pau, xogada desafortunada que puido supor o primeiro gol, mais que finalmente ficou nun susto para o RCD Espanyol.
Á volta do descanso, o Barcelona mostrouse algo máis incisivo. Non obstante, faltáballe puntería, e cando a encontraba alí estaba Kiko Casilla para desbaratar a ocasión culé, como ocorreu no minuto 53, cando respondeu cunha boa parada a un disparo de Leo Messi.
Por fin, no minuto 66 chegou o gol de Alexis Sánchez a pase de Neymar, o cal queda reproducido no vídeo que abaixo exporemos, polo que non precisa maior comentario. O tanto do chileno cambio o marcador, mais non o partido. Os barcelonistas lanzaron 19 veces a portería en todo o partido, mais só en 5 ocasións o balón foi entre os tres paus.
De todas as formas, cómpre dicir que o FC Barcelona está a realizar un tramo incial de liga espectacular canto ás estatísticas se refiere: 34 puntos de 36 posibles, invicto (con 11 partidos gañados de 12 disputados) e cun gol averagge magnífico (34 goles a favor, 7 en contra). Dadas as circunstancias, non consideramos que exista a día de hoxe cabida para as críticas contra Martino. Non nos parecen xustas.