x
g d
Xornal
GALDEPORTE
3 de Novembro de 2013
Esta mañá regalounos un gran partido entre o CB Breogán e o Ford Burgos, saldado con vitoria dos galegos. McGee realizou un gran inicio de partido, e foi o sustento en ataque do seu equipo durante o primeiro cuarto, con 4 triplas anotadas que lle permitiron aos breoganistas finalizar o primeiro tempo cun marcador favorable de 22 a 14.
Boa parte da vitoria decidiuse no segundo cuarto, no cal Breogán demostrou ser un exemplo de contundencia defensiva, chegando a obter un marcador de 34 a 16 a falta de 3:38 para o descanso. Non obstante, nese momento produciuse unha tímida reacción dos visitantes, que conseguiron marchar ao tempo de lecer cun marcador de 34 a 25.
O Ford Burgos continuou na segunda parte coa tendencia do anterior, mais o Breogán soubo manter as distancias nun intervalo oscilante entre os 13 e os 7 puntos.
Ao final do partido, o marcador reflectiu un 72 a 63 para os locais, resultado que lle permite aos lugueses afianzarse na parte alta da táboa e aumentar distancias cun rival directo na loita polo ascenso.
O Breogán derrota ao Ford Burgos

Doiuf realiza un mate