top of page

                                                                                                                                                                                                                  2 de Novembro de 2013

 

O Celta retomou esta noite a senda do triunfo na capital hispalense. Saíron moi motivados, pola vitoria, e finalmente conseguiron o seu obxectivo. No minuto 7 Charles deu o primeiro aviso e, no 19, Santi Mina estrelaba un balón no pau. No obstante, primeira parte só nos deixou múltiples ocasións celtiñas e un posible penalti non pitado por agarrón do sevillista Beto a Augusto. De tomar o colexiado a decisión de sinalar o punto fatídico dos 11 metros, quizias o resultado ao descanso fose diferente do 0 a 0.

 

Porén, ao pouco de reanudarse o partido, no minuto 46, os galegos encontrarían premio para o seu esforzo. Nun erro defensivo, Beto entrégalle o balón a Álex López. A xolgada culmínase cun gol do ferrolán, que suma xa 4 na presente campaña.

 

Despois do tanto do Celta, o conxunto vigués tivo que padecer a reacción do Sevilla, que realizou varias tentativas de gol, e incluso os xogadores hispalenses reclamaron un penalti non sinalado de Fontás sobre Gameiro. Precisamente o xogador francés tivo que xogar lesionado desde o minuto 75, pois o seu conxunto xa realizara naquel instante os tres cambios regulamentarios. No 86, debido á intensa dor, caeu na obriga de abandonar o campo. Mala sorte para Kevin Gameiro, que padecera xa unha lesión muscular en Outubro. Desta vez, podería estar varias semanas de baixa.

 

Antes do final do encontro, o Celta tivo que padecer unha clara ocasión sevillista que desartella Cabral. Os celestes suman 12 puntos e collen algo de aire na clasificación

 

 

 

 

 

 

O Celta gaña en Sevilla

Álex López

bottom of page