top of page

                                                                                                                                                                                                                 4 de Novembro de 2013

 

Un dos grandes da OK Liga visita mañá, ás 21:00 horas, o Pavillón González Laxe. Ante o mítico CE Noia Freixenet, o CP Cerceda buscará deixar atrás a xeira de empates e lograr a primeira vitoria da temporada. Será un duelo interesante, entre dous dos catro conxuntos que non coñecen a derrota neste curso (ao igual que o FC Barcelona e o Reus Desportiu, primeiros clasificados da liga).

 

Non obstante,os adestrados por Juan Copa afrontan o encontro moi minguados fisicamente, xa que é o cuarto partido en once días, feito que pasa factura nos galegos. Á baixa de Martín Payero únense os problemas físicos de David Torres, Jacobo Mantiñán e Willy Domínguez, o que supón un importante hándicap á hora de encarar cada envite. Non obstante malia o cansanzo e as baixas, os brancos e vermellos de seguro que afrontarán o partido con ilusión e ofrecerán a súa mellor versión.

 

Tamén será a quenda do HC Liceo:

 

Tamén mañá ás 21:00 horas será a quenda do HC Liceo, que viaxa a Cataluña para se enfrontar ao CP Vilanova. Os actuais campións de liga medirán as súas forzas ante o pechacancelas da liga, mais tamén ante un equipo que conta os seus partidos por derrotas e que se converteu, no que vai de temporada, no conxunto con máis goles (31).

 

 

 

O CP Cerceda prepárase para o CE Noia Freixenet

bottom of page