x
g d
Xornal
GALDEPORTE
3 de Novembro de 2013
O Deportivo venceu e convenceu esta tarde en Riazor ante o Real Madrid Castela. Convenceu polo xogo, polo dominio do encontro, polo saber estar no campo, polo golazo de chilena de Marchena aos pouco minutos de comezar o encontro. Unha auténtica obra da que lamentamos non poer obter as imaxes para compartilo cos nosos lectores.
O único trazo negativo que deixou a primeira parte foi a desafortunada (aínda que leve) lesión de Ínsua. O xogador coruñés padeceu unha contusión na cadeira dereita, feito polo que tivo que ser relevado por Kaká antes de que se cumprisen o 45 minutos de xogo.
Na segunda parte, con marcador a favor, o Deportivo mostrou a súa superioridade no xogo, superioridade que temén foi numérica debido á expulsión de Cabrera por cartón vermello directo, a cal deixaba con 10 xogadores ao Real Madrid Castela.
Antes do final, Luis Fernández anotou o 2 a 0 definitivo, o cal deixa aos galegos na terceira posición da táboa con 20 puntos, a un do segundo clasificado, o CD Lugo, e a 6 do líder, o Recreativo de Huelva.
O Depor vence e convence

Carlos Marchena