x
g d
Xornal
GALDEPORTE
10 de Decembro de 2013
Esta noite de Champions era a última da primeira fase para os equipos dos grupos A, B, C e D. Se ben o grupo D xa estaba decidido co pase de Bayern de Múnic e Manchester City aos oitavos de final, quedaban por decidir os tres restantes. Con todo, o grupo B aínda segue no aire, debido ao feito de que o Galatasaray vs Juventus foi suspendido por causa das fortes nevadas que castigan estes días Istambul.
No grupo A, pois, unha vitoria do Shakhtar sobre o Manchester United e un tropezo do Bayern Leverkusen ante a Real Sociedade daríalle a clasificación aos ucraínos. Porén, non se deron ningunha das dúas circunstancias. Os ingleses derrotaron ao Shakhtar por 1 a 0 (gol de Jones no minuto 67), mentres que os alemáns venceron aos vascos mercé a un gol de Toprak en xogada a balón parado (minuto 49). Deste xeito, o Leverkusen acompañará ao United na seguinte fase da Liga de Campións.
Canto ao grupo B, unicamente podemos informar sobre a vitoria do Real Madrid ante o Copenhague. No minuto 25, Modric adiantaba aos brancos cun gol pola escuadra precedido de recorte e, no 48, Ronaldo anotaba o 0 a 2 definitivo.
No grupo C encontramos a vitoria do Olympiacos ante o Anderlecht. Un gol de Saviola adiantaba aos locais co gol que podemos ver no vídeo, se ben no 39 os belgas respondían co tanto de Kljestan (1 a 1). No entanto, no 58 o Coello adiantaba de novo aos gregos e, no desconto, Domínguez anotaba de penalti o 3 a 1 definitivo. Co neste resultado, os helenos clasifícanse como segundos do grupo C.
No outro partido do grupo, achamos a vitoria do Benfica ante o Paris Saint Germain. Se ben os franceses tomaban a dianteira no resultado no minuto 37 grazas ao gol de Cavani, no 45 Lima (de penalti) puña o 1 a 1. No 58 Gaitán marcaba o tanto do triunfo (2 a 1). Como o Olympiacos, o Benfica conta con 10 puntos na clasificación, e só o gol-averagge impide a continuación na competición dos lusos, que se terán que conformar coa Europa League.
Finalmente, queda o grupo D, no cal xa estaba todo decidido. O Manchester City derrotou a domicilio ao Bayern de Múnic, feito que provoca o empate entre ambos os conxuntos no alto da táboa, a cal lidera definitivamente o club muniqués por causa do gol-averagge. O encontro comezaba de cara para os alemáns cos goles de gol de Müller (minuto 5) e Götze (minuto 12). Porén, no 28 acurtaba distancias Silva, no 52 empataba Koralov de penalti (2 a 2) e, no 62, Milner marcaba o definitivo o 2 a 3.
No outro encontro do grupo, o Plzen vencía ao CSK de Moskova. Musa adiantaría aos rusos, mais Kolar e Wágner (este último no minuto 90) porían o 2 a 1 definitivo. O Plzen lograba deste xeito a primeira vitoria, a cal non impide que sexa o pechacancelas do grupo.