x
g d
Xornal
GALDEPORTE
18 de Novembro de 2013
Onte arrincou o Ciclocross en Galiza, e fíxoo da man da proba do Rosal, no Trofeo Comunidade de Montes das Eiras.
Segundo informa a Federación Galega de Ciclismo na categoría elite, tal e como se agardaba, o podio estivo conformado por Mauro González, Jaime Juncal e Paulo González. Na categoría “féminas”, Isabel Castro foi a vencedora, despois de superar a Desirée Duarte e Irene Trabazo.
Polo que respecta aos junior, Raúl Fernández deu toda unha exhibición, pois superou en máis de dous minutos ao segundo clasificado (Samuel González) e en case tres ao terceiro (Samuel Soto).
Onte arrincou o ciclocross galego
