x
g d
Xornal
GALDEPORTE
3 de Novembro de 2013
O CAB Obradoiro estreou hoxe o seu casilleiro de vitorias nesta temporada. Foi ante o CB Fuenlabrada no Pavillón Fernando Martín desta localidade madrileña. Mais non chegou sen traballo nin sufrimento.
O primeiro cuarto estivo dominado polos locais, aínda que ben é certo que non chegaron a se disparar no marcador (28 a 23 ao final do primeiro tempo). No entanto, o espectáculo corría a cargo do conxunto galego.
O segundo cuarto tivo outra cara, unha cara máis agradable para os intereses dos santiagueses, que conseguiron frear o ataque do Fuenlabrada. De feito, os laranxas só lograron 4 puntos en todo este período, e o marcador ao descanso foi de 32 a 41 para os obradoiristas.
O terceiro cuarto foi clave para a vitoria do Obradoiro que, liderado por Pavel Pumprla (8 puntos, 6 rebotes, 2 recuperacións e 11 de valoración), Mario Delas (13 puntos, 7 rebotes e 14 de valoración) e Ben Dewar (16 puntos, 3 rebotes, 2 asistencias e 18 de valoración); chegou a se disparar no marcador até os 15 puntos de vantaxe (40 a 55). Dicimos que foi clave porque, no definitivo período, o fuenlabrada reaccionou e fixo sufrir aos visitantes, que aproveitaron a diferenza de puntos obtida no cuarto anterior para gardar as distancias. Finalmente, o encontro rematou cun 73 a 78 a favor dos galegos.
O Obradoiro estréase ante o Fuenlabrada

Pavel Pumprla