x
g d
Xornal
GALDEPORTE
2 de Novembro de 2013
Se onte o FC Barcelona lograba vencer pola mínima ao RCD Espanyol no derbi catalán, esta tarde o Real Madrid tamén venceu cun marcador axustado ao Raio Vallecano no derbi madrileño.
Golpearon primeiro os madridistas, aos 3 minutos de xogo, cun gol Cristiano Ronaldo que veremos reproducido no vídeo que ofrecemos ao final da páxina. No minuto 31, outro gol de Benzema demostraba o bo estado de forma que o francés presenta nas últimas semanas e poñía o 0 a 2 no marcador, co cal se chegou ao descanso.
Todo facía pensar nunha vitoria fácil do Real Madrid, e esta sensación aínda se afianzou ao principio do segundo tempo, cando Cristiano Ronaldo anotou o seu segundo gol a pase de Garreth Bale (0-3). Porén, no minuto 54 o encontro deu un xiro. Penalti a favor do Raio Vallecano que convirte Viera. Aos poucos minutos, o colexiado sinalou unha nova pena máxima para os rayistas que se converteu noutro tanto do canario Jonathan Viera (2-3).
O partido estivo cargado de polémica arbitral, e incluso os vallecanos chegaron a reclamar a expulsión de Carvajal por dobre cartón amarelo. No entanto, o marcador non se moveu, e o Real Madrid mantén a desvantaxe de 6 puntos co líder, o FC Barcelona