x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Xaneiro de 2014
Esta noite o CD Ourense mediuse ao Marino de Luanco no Couto, en partido correspondente á ida dos oitavos de final da Copa Federación.
Se ben os galegos están sete puntos por riba na táboa clasificatoria, o encontro a priori prometía igualdade. E finalmente, o resultado foi axustado, se ben a historia puido ser diferente, xa que o Ourense dispuxo de ocasións na primeira metade. Nunha delas, no minuto 39, Portela anotaba o 1 a 0 definitivo. Pouco antes, Javier Hernández erraba nun man a man co meta visitante.
No segundo tempo os asturianos apertaron máis, e o porteiro Manu Táboas tivo que exhibir en máis dunha ocasión o seu potencial. Non obstante os vermellos non quedaron man sobre man a defenderen a vantaxe, e intentábano por mediación de xogadas de banda efectuadas por Rubén Arce. No minuto 65, produciuse unha xogada dentro da área do Marino pola cal os galegos reclamaban penalti sobre Borja Valle, mais o colexiado non pitou nada.
Antes do final do encontro, os asturianos ben puideron empatar mercé ás claras ocasións de Saavedra e Alejandro. Porén, ao final do encontro o marcador non se movería. O Ourense deu deste xeito o primeiro paso cara á clasificación.
O Ourense vence na Copa Federación
