x
g d
Xornal
GALDEPORTE
2 de Novembro de 2013
Contundente derrota padeceu esta tarde o Vigo Rugby Club en Euskadi ante o Gernika RT. O equipo galego foi sempre por detrás no marcador, e non tivo opción ante un rival que non lle deu tregua.
Aos 4 minutos o Gernika consegía o seu primeiro ensaio, aos 27 o marcador xa reflectía 21 a 0 para os locais. Os galegos non foron quen de puntuar até o minuto 36 mercé a un ensaio, e incluso chegaron a se aproximar levemente no taboleiro de marcas. Porén, no minuto 49 os vascos conseguiron dispararse no marcador (31 a 12) e os vigueses non foron quen de seguir o seu ritmo. O tanteo final foi 52 a 16 para os locais.
Ampla derrota o Vigo Rugby Club ante o Gernika RT

Xogadores do Vigo RC Imaxe de Bloggeros.es