x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Xaneiro de 2014
Realmente, non é esta unha noticia nova. Sabíase xa desde hai uns días, e confirmouse onte ao serán, cando o xogador realizou unha rolda de prensa para anunciar a súa decisión. Pablo Macías, mítico xogador da SD Octavio de Vigo, convocou aos medios na Casa da Cultura da cidade olívica para os informar da súa retirada.
Pablo Macías, durante os seus 23 anos como octavista, participou da época dourada do club, naquela época da década de 1990, cando o Octavio daba moita guerra na ASOBAl e, incluso, chegou a disputar dúas semifinais europeas (unha da Copa EHF na temporada 1996-97 e outra da City Cup na 1997-98).
O xogador vigués, non obstante, xa levaba bastante tempo de inactividade debido a unha rotura no pectoral padecida no ano 2010. No pasado mes de Novembro, segundo informa a web da Federación Galega de Balonmán, Macías recibiu a incapacidade laboral. Agora, aos 36 anos, di adeus a toda unha vida dedicada a este deporte, un adeus emotivo.
Pablo Macías retírase
