x
g d
Xornal
GALDEPORTE
6 de Decembro de 2013
O estadio de Cartagonova foi testemuña de como Pedro Rodríguez, tras os rumores da última semana que o situaban en Xaneiro na Premier League, foi quen de se revindicar con dous dos catro goles obtidos esta noite polo seu equipo na ida dos 1/16 de final da Copa do Rei ante o Cartaxena.
Os locais fixeron saltar por un instante a sorpresa. No minuto 16, os murcianos adiantábanse por mediación de Fernando. Ao Barcelona, porén, non lle pesou o recordo das derrotas das respectivas últimas xornadas da Champions e da Liga BBVA. Os culés seguiron a realizar o seu xogo e, no minuto 36, Pedro empataba o encontro a 1. Sete minutos despois, Cesc Fábregas anotaría un tanto de bela factura que suporía o 1 a 2 co que se chegou ao descanso.
Na segunda metade, encontro mostrouse frío nos seus primeiros minutos. Alexis Sánchez e Jordi Alba tiveron as súas ocasións para facer o terceiro, mais esta era noite de Pedro. O canario no 75, tras coarse entre os defensores rivais, lograba o 1 a 3. Tres minutos despois, debutaría co primeiro equipo do Barcelona, aos seus 18 anos, o camerunés Jean Marei Dongou. A súa estrea tivo estrela, pois no minuto 89 sería este xogador o autor do 1 a 4 definitivo. O martes 17 de Decembro, teremos o desenlace da eliminatoria.