top of page

15 de Novembro de 2013

 

Segundo publica hoxe o xornal italiano La Gazzeta dello Sport, o campión de campións da natación, Michael Phelps, someteuse a dous controis antidopaxe da USADA o pasado día 1 de Outubro. Por que o fixo, se anunciou a súa retirada despois dos Xogos Olímpicos de Londres de 2012? Parece un claro indicio de que o norteamericano está a preparar o seu retorno para os Xogos Olímpicos de Río 2016.

 

Segundo o adestrador Bob Bowman, Michael Phels non deixou de exercitarse co resto de nadadores da selección en todo este tempo. Porén, nunca admitiu que o nadador estivese a preparar o seu retorno, pois alegaba que o facía para se manter en forma.

 

De estar a preparar o seu regreso, Phelps debería avisar da súa intención cun prazo mínimo de nove meses de antelación, polo que podería reaparecer no Campionato do Mundo de Kazán 2015.

Phelps, volve?

Michael Phelps

bottom of page