x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Decembro de 2013
Un xurado composto por 30 xornalistas deportivos determinou que o centrocampista francés da Juventus de Turín, Paul Pogba, é o mellor futbolista sub 21 das ligas europeas. Por esta circunstancia, recibirá o “Golden Boy”, galardón outorgado pola revista italiana Tuttosport.
Internacional cos bleus, cos cales logrou conquistar o Campionato do Mundo sub 20, celebrado en Turquía en Xullo deste ano, despois de se impor na final Francia a Uruguai na quenda de penaltis.
O galo superou aos restantes 39 nominados ao premio, entre os cales se encontraba o céltico Rafinha.
Desta forma, Pogba únese á listaxe de gañadores anteriores, conformada por Rafael van der Vaart (2003), Wayne Rooney (2004), Lionel Messi (2005), Cesc Fábregas (2006), Sergio Agüero (2007), Anderson (2008), Alexandre Pato (2009), Mario Balotelli (2010), Mario Götze (2011) e Isco (2012).
Pogba é o Golden Boy
