x
g d
Xornal
GALDEPORTE
21 de Novembro de 2013
Publicábao onte o xornal La Voz de Galicia. Teresa Portela e Iván Alonso serán distinguidos como os mellores padexeiros do país no ano 2013 na Gala do Piragüismo Galego, a cal terá lugar o sábado ás 18:30 horas no Auditorio de Monte Porreiro de Pontevedra.
Con este galardón, ambos os deportistas reciben un xusto premio polo seu excelente traballo nesta temporada. Lembremos que no pasado mes de Xuño Iván Alonso conseguira o ouro en maratón nas categorías de K1 e K2 nos europeos de Portugal e un campionato e mais un subcampionato do mundo nos mundiais de Copenhague. Pola súa parte, Teresa Portela lograra a prata europea en K-1 200.
Na Gala do Piragüismo Galego, finalmente, serán outorgados outros 12 premios pertencentes a diferentes categorías, así como un recoñecemento a 43 padexeiros e padexeiras galegas que participaron nalgunha regata internacional neste ano 2013. Do mesmo xeito, serán entregados os premios correspondentes ás 17 ligas que organiza a Federación Galega de Piragüismo nas diferentes categorías e modalidades.
Teresa Portela e Iván Alonso, mellores padexeiros do 2013

Teresa Portela