top of page

                                                                                                                                                                                                                 26 de Novembro de 2013

 

O FC Porto perdeu esta noite unha boa oportunidade para tomar chegar por diante do Zenit á decisiva sexta xornada da Liga de Campións, ao empatar a 1 no Estádio do Dragão ante o Austria de Viena.

 

Adiantáronse ben cedo os visitantes, por mediación de Kienast, no minuto 11. Non obstante antes, como despois, o dominio e as ocasións era portuguesas. Os dragóns acosaban unha e outra vez a meta de Lindner, que parecía decidido a non deixar entrar ningún balón. Esta foi a tónica predominante dos primeiros 45 minutos. O Porto intentábao, mais non o lograba.

 

No entanto, os esforzos lusos víronse recompensados á volta do descanso, no minuto 48, cando Jackson Martínez anotaba o gol da igualada (1-1). Isto provocou que os portuenses procurasen con aínda máis afán a vitoria, mais o tanto do colombiano apenas foi unha miraxe. Ao final, o Porto leva un empate que deixa a clasificación do grupo G como estaba: o Zenit segundo e, a un punto, os portugueses, que xogarán o pase aos oitavos no Vicente Calderón.

O FC Porto perde unha boa oportunidade

bottom of page