x
g d
Xornal
GALDEPORTE
19 de Novembro de 2013
A selección portuguesa vén de se clasificar para o Campionato do Mundo de fútbol de Brasil 2014, ao derrotar a Suecia por 2 goles a 3.
Os suecos partían coa desvantaxe do 1 a 0 da ida, e saíron polo partido. No minuto 18, Nilsson a piques estivo de inaugurar o marcador, mais o balón saíu fóra. Os portugueses, porén, non se deixaron intimidar. Nani, Moutinho, Ronaldo e Hugo Almeida procuraban a meta rival con insistencia. Precisamente, estes dous xogadores puideron anotar na primeira parte. CR7 realizou un lanzamento que saíu por riba do marco local no minuto 36 e, no 39, Hugo Almeida enviou ao lateral da rede un balón que tiña todas as posibilidade de traspasar a liña de gol.
Antes do descanso, Suecia tivo unha boa ocasión nas botas de Kallstrom, mais encontrou co Rui Patrício.
Á volta do intermedio, encontramos un novo aviso sueco, desta vez da man Larsson quen, tras quedar só, realizou un remate rexeitado polo porteiro luso. Un minuto despois, no 50, Portugal puña o 1 a 0 por mediación de Ronaldo. O astro portugués apareceu, e seu ansiado duelo duelo con Ibrahimovic, invisible no encontro de ida, tamén, pois sería o 10 sueco quen empatase o partido no 68. Catro minutos despois, o propio Ibrahimovic dáballe a volta ao resultado (2 a 1).
Mais esta tiña que ser a noite de Cristiano Ronaldo. No 77, igualaba o luso o marcador e, no 79, transformaba o 2 a 3. Con Suecia botada ao ataque, aínda puido o Ronaldo anotar o cuarto, no 87 e mais no 90, mais os disparos saíron desviados. Elmander tamén puido igualar no 83, mais non tivo sorte. O resultado non se moveu Portugal, un ano máis, estará nun mundial de fútbol.