x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Novembro de 2013
Chegou a primeira vitoria da tempada na OK Liga para o Hóckey Global Club Patín Cerceda, que nun brillante partido derrotou por 4-2 ao sempre competitivo C. E. Noia Freixenet na quinta xornada da liga, disputada esta noite no Pavillón Presidente Fernando González Laxe de Cerceda.
Ao principio do encontro, o CE Noia Freixenet acosou a portaría defendida por Willy Dominguez. Porén, golpeou primeiro o CP Cerceda. Juan Fariza revolvíase na área e lanzaba con gran potencia para o 1 a 0 no minuto 23, pero só un máis tarde era José Ramón López, nun rápido contragolpe moi ben executado, o que poñía o 2-0 ao intermedio.
A segunda parte iniciábase con máis ritmo por parte dos visitantes, que no minuto 9 facían o primeiro de penalti, sinalado aos locais tras unha retención de Willy Domínguez, que transformaba Eloi Mitjans. Os de Juan Copa reaccionaban e tres minutos máis tarde Gonzalo Pérez anotaba o 3-1 que daba certa tranquilidade. Dous minutos despois volvían marcar os locais, esta vez no rexeitamento dun penalti que lanzaba Joan Grasas, sendo el mesmo quen deixaba o 4-1 que parecía definitivo.
Co marcador en contra, os visitantes botáronse sobre a portería local. Mais ali encontraron o muro que supuxo Willy Dominguez. Eloi Mitjans puxo para o CE Noia o definitivo 4-2 no minuto 22 da segunda parte.
Ao final do encontro, Juan Copa destacaba "o gran partido realizado por todos os nosos xogadores, a pesar de estar minguado fisicamente e de ser este o cuarto encontro en once días, ademais de ter só un día de descanso con respecto ao anterior. Pero o equipo merecía gañar por como estabamos a xogar e por fin a sorte aliouse connosco".
Primeira vitoria do CP Cerceda
