x
g d
Xornal
GALDEPORTE
2 de Novembro de 2013
Tarde importante a vivida esta tarde no Pavillón de Coia, onde o CV Voleibol colleitou a súa primeira vitoria na Superliga de Voleibol Masculina. Foi ante o Andorra, equipo que chegaba a terras galegas cunha bagaxe de 1 vitoria en 4 partidos. Porén, non foi unha vitoria doada, senón sufrida, un encontro a 5 sets que caeu do bando dos galegos por 3 a 2. De feito, os sets gañados polos galegos (o primeiro por 25 a 21, o terceiro por 25 a 22 e o quinto por 15 a 12) presentan maior igualdade que os gañados polos andorranos (o segundo, por 19 a 25 e o cuarto por 16 a 26). Non foi un triunfo cómodo, mais si un triunfo importante, deses que dan alas (oxalá así sexa) para seguir sumando vitorias.
Derrota do Emevé Élide ante o CAI Teruel:
Peor sorte sufriu o outro equipo galego da SMV, o Emevé Élide de Lugo, que caeu en territorio aragonés por un contundente 3 a 0 (25-18/ 25-22/ 25-15). Os lugueses caeron sen paliativos na casa do líder, o CAI Teruel. Na seguinte xornada, recibirán ao Unicaja de Almería.
Clasificación dos equipos galegos:
5.º Emevé Élide
10.º CV Vigo
Primeira vitoria do CV Voleibol
