top of page

                                                                                                                                                                                                25 de Novembro de 2013

 

A mediados deste ano de 2013, Plataforma Pro Oficialidade Galega daba os seus primeiros pasos como o organismo autónomo, se ben xa existía como movemento dentro do colectivo Seareiros Galegos. Conformada por deportistas galegos de diferentes especialidades tríatlon, atletismo, fútbol, surf, esgrima, billarda, traíñas, fútbol gaélico, ciclismo, natación,…), este organismo considera que o deporte galego está a morrer por falta de apoio institucional e por carencia de vontade política dos diferentes órganos de poder, que afogan coa corda da falta de financiamento o deporte de base e de elite, masculino ou feminino. Neste sentido, considérase que os recursos económicos que actualmente dispón o deporte galego non se corresponden cos nosos logros e o potencial deportivo demostrados.

 

Dadas estas circunstancias, a Plataforma Pro Oficialidade Galega ten como obxectivo o feito de que as seleccións galegas poidan participar en competicións internacionais oficiais, o cal traería consecuencias moi positivas para os deportistas, clubs, federacións, afeccionados e seareiros en particular; mais tamén en xeral para Galiza e a súa economía. E en tempos de crise como este, calquera oportunidade de crecemento económico debe ser moi tida en conta...

 

Mencionamos xa que a Plataforma Pro Oficialidade botou a andar a mediados deste ano mais, con todo, aínda se encontra en proceso de construción e, tamén, explorando novas vías de actuación. Desde hai uns días, a están á procura de persoas que desexen colaborar coa súa causa, xa sexa coa inclusión de noticias, entrevistas, denuncias de situacións inxustas relacionadas co deporte galego,... Se queres máis información, podes encontrala aquí 

 

Igualmente, se es deportista e tes problemas para a práctica da túa especialidade, a Plataforma Pro Oficialidade pon á túa disposición unha enquisa destina á identificación deste tipo de situacións unha enquisa dispoñible na súa páxina web.

 

A Plataforma Pro Oficialidade traballa en favor do deporte de base, dos deportistas e das seleccións galegas. Un labor encomiable, que agardemos teña éxito, polo ben do deporte, polo ben de Galiza.

 

 

A Plataforma Pro Oficialidade busca colaboradores/as

bottom of page