x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Decembro de 2013
Nestes último mes, o Real Madrid semellaba imparable. Ultimamente, na liga en a Champions, ía de goleada en goleada. Porén, nada puido os eu potencial ofensivo esta noite ante un conxunto que ocupa o oitavo posto do grupo terceiro da Segunda B.
O Olímpic de Xátiva soubo no comezo do encontro frear a creación branca, que apenas era quen de producir. No minuto 24 o meta local, Francis, salvou un remate de Casemiro e, no 26, outro de Ángel Di María. Eras estes os primeiros achegamentos relativamentes claros do Real Madrid. O encontro, con todo, estaba trabado, ao gusto dos valencianos.
Na segunda metade, a tónica do partido non foi diferente. Isco non sería quen de aproveitar dúas oportunidades para abrir a lata, unha moi boa no 56 e outra no 61. Ancelotti movía o banco, mais as súas decisións non daban o resultado agardado. Neste carrusel de trocos, no minuto 57 Di María tivo que deixarlle os eu lugar no campo a Benzema. O arxentino fíxoo molesto, e incluso lle dedicou aos eu técnico unha mirada nada amigable.
A última ocasión do Madrid chegarían o minuto 71 nas botas de Jesé. Os minutos finais transcorreron sen incidencias notables, e finalmente saltaba a sorpresa en Xátiva.