x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Decembro de 2013
Jordi Cases e o seu “Consulta Barça” volven á carga. Desta vez, en forma de querela contra o actual presidente da entidade catalá, Sandro Rosell. O motivo, a presunta distracción de 40 millóns de euros na fixache de Neymar. A Audiencia Nacional decidirá antes de final de ano se admite a trámite ou non a dita querela.
Os denunciantes argumentan que, durante o proceso de fichaxe do astro brasileiro polo FC Barcelona, foron cometidas certas irregularidades. Deste xeito, manifestan a sociedade N&N, propiedade do pai do xogador, percibiu 40 millóns dos 57’1 nos que foi cifrada a operación. Desta forma, aínda que Sandro Rosell non cometería o delito subtracción ou de apropiación indebida, si tería que responder sobre este pago de frutificar a denuncia, e faríao en calidade de imputado. Neymar, pola súa parte, tamén tería que comparecer en calidade de testemuña.
Até agora, nin Sandro Rosell nin o club se pronunciaron publicamente sobre os feitos.
Querela contra Rosell
