top of page

                                                                                                                                                                                                                27 de Novembro de 2013

 

O Real Madrid, líder do grupo B da Liga de Campións, impón a súa autoridade con solvencia. Hoxe, os brancos venceron por 4 a 1 ao Galatasaray, e suman 13 puntos en 5 encontros.

 

Avisou xa Bale aos 4 minutos sobre as intencións do seu equipo. Nunha internada rápida, a piques estivo de anotar o primeiro. Con todo, o encontro foi arrefriando pouco a pouco até que, no minuto 26, o colexiado decide expulsar a Sergio Ramos por unha falta sobre Umut Bulut. Coa superioridade numérica, os turcos botáronse arriba, mais serían os locais os que inaugurarían o marcador por medio dun lanzamento de falta efectuado por Gareth Bale. Aos poucos segundos, Umut Bulut marcaba o gol do empate (1-1), resultado co que se chegou ao descanso.

 

Non obstante, o Real Madrid tiña decidido que quería a vitoria e, á volta do intermedio, fixo todo o posible para conseguila. No minuto 51, Alberloa adiantaba de novo aos madridistas. Aínda tería máis chegadas o conxunto local nos minutos posteriores. A de Di María, no 63, frutificou no 3 a 1.

 

O Galatasaray realizou tentativas destinadas a acurtar as diferenzas, principalmente por mediación de Drogba, Umut Bulut e Riera. Porén, a fortuna do gol poríase no minuto 81 da parte do malagueño Isco, autor do 4 a 1 definitivo. Os turcos, xa derrotados, procuraron un novo tanto nas ocasións de Snejder e Eboué, mais o balón non quixo entrar.

O Real Madrid golea ao Galatasaray

bottom of page