x
g d
Xornal
GALDEPORTE
24 de Novembro de 2013
O Racing de Ferrol está a vivir un excelente momento de forma. Esta tarde, demostrouno ao vencer na Malata ante un Sporting B que levaba unha xeira de seis partidos seguidos sen coñecer a derrota. Gañou por 3 a 1. Polos locais, anotou dous goles Manu Barreiro e outro de Rubén Comesaña.
Mercé a este triunfo, o Racing de Ferrol acada a segunda praza, posición que, segundo Racing de Ferrol Vavel, non ocupaba na Segunda B desde a temporada 2003/04. Ao final do encontro, o técnico dos diaños verdes, José Manuel Aira, destacou o esforzo dos seus xogadores, sobre todo durante a primeira metade, na cal os asturianos non llelo puxeron precisamente fácil.
O Racing de Ferrol, suma e segue
