top of page

                                                                                                                                                                                                                    9 de Xaneiro de 2014

 

O CA Osasuna visitaba esta noite o Santiago Bernabeu coa esperanza de realizar a proeza de vencer no feudo branco neste encontro de ida dos oitavos de final da Copa do Rei. Porén, os locais fixéronse co dominio do encontro xa nos instantes iniciais. No entanto, a primeira ocasión de gol chegaría no minuto 8, e sería para os osasunistas en forma dun forte disparo de Cejudo detido por Iker Casillas. Dez minutos despois Benzema, de cabeza, adiantaba ao Real Madrid. No entanto, a desvantaxe no marcador non intimidou ao Osasuna, que a piques estivo de lograr o empate por mediación de dúas ocasións de Oier (unha delas clarísima, pois o seu remate de cabeza saíu lambendo o pau) e outra de Riera.

 

Á volta do descanso, porén, o guión foi diferente. Os merengues comezaron a chegar con máis perigo, e Ronaldo principiaba a acosar a meta de Asier Riesgo. Non obstante, sería Jesé o autor do 2 a 0, no minuto 60.

 

Os locais acosaban na procura de máis tantos. No entanto, o marcador non se movería. Producíase deste xeito un amplo triunfo para o Real Madrid, que o coloca cun pé nos cuartos de final.

O Real Madrid derrota ao Osasuna

bottom of page