x
g d
Xornal
GALDEPORTE
25 de Novembro de 2013
Non cabe dúbida de que o ego de Ribéry está moi ben coidado. Despois do seu famoso “antes era bo, agora son o mellor” día 14 de Novembro, agora o francés asegura para Le Monde que el merece o Balón de Ouro máis que Ronaldo. O motivo: el gañou máis títulos co seu club, e ambos os xogadores gozan da mesma importancia nas súas respectivas seleccións. Admite o francés, con todo, que marcou menos goles porque teñen un perfil diferente, mais isto non sería un inconveniente, xa que el “incendia as defensas”.
Sen dúbida, Ribéry ten unha guerra aberta cos seus dous opoñentes. Lembremos que, xa en Agosto, lle mandaba esta mesma mensaxe a Messi, ao declarar que merecía o Balón de Ouro máis que o astro arxentino. Os argumentos utilizados eran idénticos. Agora basta saber se o xurado do dito galardón opina o mesmo...
O ego de Ribéry está ben coidado
