x
g d
Xornal
GALDEPORTE
13 de Novembro de 2013
De novo un partido do Real Madrid non ten demasiada historia. Os de Pablo Laso, invictos na Liga Endesa e na Euroliga, deron hoxe unha exhibición ante o Efes de Istambul.
Até 5 xogadores madridistas subiron dos 10 puntos (Mirotic, Sergio Rodríguez, Carroll, Llul e Bourousis), toda unha demostración do seu potencial ofensivo. O Efes só aguantou vivo no partido o primeiro cuarto (19-13), pois no segundo xa perdía por 14 (47-23). O Real Madrid aumentaba cada vez máis a súa vantaxe ante un equipo turco que se estrelaba na defensa branca.
Todos os xogadores Real Madrid dispuxeron de minutos, todos anotaron e ningún quedou con valoración negativa. Destacaron entre eles, unha vez máis, Sergio Rodríguez (14 puntos, 11 asistencias e 27 de valoración) e Nikola Mirotic (14 puntos, 6 rebotes e 21 de valoración), acompañados nesta ocasión por un gran Bourousis (17 puntos, 7 rebotes, 2 asistencias e 25 de valoración).
O Real Madrid vence na casa por 103 a 57, e ofrece moi boas sensacións para os seus seareiros.