x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Decembro de 2013
Está claro que Valentino Rossi é unha lenda viva do motociclismo internacional. Fillo do tamén piloto de motociclismo Graziano Rossi, The Doctor leva ás súas costas 9 títulos mundiais: un de 125 cc (1997), outro de 250 cc (1999), aínda outro da extinta 500 cc (2001) e seis de Moto GP (2002, 2003, 2004, 2005, 2008 e 2009).
Con esta exitosa traxectoria ao lombo, e aos seus 34 anos, Valentinik non ve claro o seu futuro na competición. Por iso, malia ter aínda un anos máis de contrato con Yamaha, Rossi manifestou que no vindeiro ano decidirá se continúa como piloto de motociclismo. Nunha entrevista a motogp.com, comentou sobre os rumores xerados en torno á súa retirada: “Estaba moi claro, mais puxeron [os medios] a noticia dunha determinada forma para (crear) algúns rumores! Teño un ano máis de contrato en o meu corazón quero seguir despois do próximo ano, con outro contrato de dous anos, mais teño que ser competitivo e rápido, Así que vou decidilo o vindeiro ano”.
Esta non é a primeira vez que Valentino Rossi pensa en deixar a competición de Moto GP. Desde o 2005, no auxe da súa carreira como motociclista, realizou varias tentativas de cambiar as motos pola Formula 1. De feito, no 2006, estivo a piques de asinar con Ferrari, mais unha ampliación de contrato con Yamaha realizada con anterioridade impediu tal circunstancia.
Rossi decidirá o seu futuro en 2014
