x
g d
Xornal
GALDEPORTE
13 de Novembro de 2013
Nunha entrevista publicada onte no xornal Novas da Galiza, e reproducida na páxina web da Plataforma Pro-Oficialidade Galega, o triatleta Antón Ruanova, compostelán de 27 anos, anuncia que non volverá representar á selección española nas competicións internacionais de triatlón.
Ruanova é galego sen complexos, séntese orgulloso do pasado en que puido representar á selección galega en competicións internacionais, na época en que isto aínda era posible. Por iso, maniféstase molesto polo feito de se aproveitar a federación española do bo estado de forma dos triatletas galegos, de forma que anuncia: “teño claro que non continuar a representar a España. Non quero representar a alguén que se está a aproveitar do noso esforzo e da nosa ilusión”.
Ruanova, deportista que por falta de apoio público e privado caeu na obriga de militar asemade en até sete clubs distintos, asegura que está á procura dalgún país con dereito a participar en competicións internacionais que queira acollelo de cara a unha posible participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016. É esta unha medida desesperada, xa que se non logra este obxectivo probablemente “teña que deixar o deporte porque non podo vivir del”. Con todo, Ruanova ten as ideas claras. Se o contexto político e social fose outro, sen dúbida o país polo que optaría non sería outro que Galiza.
O triatleta Antón Ruanova non vai representar máis a España

Antón Ruanova