top of page

                                                                                                                                                                                                25 de Novembro de 2013

 

Despois de que o pasado día 15 Braulio Vázquez, antigo membro da secretaría técnica do Valencia CF, declarase que estaba disposto a renunciar a parte do seu contrato a cambio de abandonar o club hoxe, Amador Salvo, presentou a nova estrutura deportiva do club. Desde este día, Joaquín Pérez “Rufete” (que fora centrocampista ché entre as temporadas 2001/02 e 2005/06) será o máximo responsable deportivo da entidade. Desta forma, será el, e só el, quen decida sobre a continuidade como técnico do ex deportivista Miroslav Djukic. E é que tanto a prensa como boa parte dos seareiros piden a cabeza do serbio, dado que o Valencia se sitúa agora na undécima posición con 17 puntos, a 10 (ou 13, se o Athletic gaña hoxe) dos postos de Liga de Campións. Con todo, Rufete xa sinalou que non se quería precipitar nesa decisión, a cal debería ser meditada.

 

Lembremos que Rufete e Djukic foran compañeiros no Valencia durante dúas campañas, unha delas a 2001/02, na cal os valencianistas lograran o título de liga, na cal Deportivo e Valencia eran os rivais a bater. Lonxe, moi lonxe, queda xa esa época, malia que só pasaron 11 anos. 

Rufete, máxima autoridade deportiva do Valencia

Rufete

bottom of page