x
g d
Xornal
GALDEPORTE
15 de Novembro de 2013
Nun encontro igualado, o Santiago FS caeu derrotado a domicilio ante o Magna Navarra.
Adiantábanse os galegos no minuto 6 mercé a un gol de Barroso, neutralizado no 9 por Roberto Martil (1-1). A igualada mantívose até o minuto 15, no cal o andaluz Jesulito adiantaba aos navarros. Os composteláns procuraron o gol do empate antes do descanso, tanto en xogadas de campo como a balón parado, mais os seus esforzos foron infrutuosos.
A segunda metade prometía mellor sorte para o Santiago Futsal. No minuto 29 Lucho lograba o 2 a 2 para os santiagueses, e no 31 un tanto de David Pazos permitíalle aos composteláns levar a dianteira no marcador de novo (3-2). Porén, segundos despois Carlitos igualaba o encontro a 3.
Tanto o Magna Navarra como Santiago FS lanzáronse, dadas as circunstancias, pola vitoria. Primeiro os locais utilizaban as estratexia do porteiro-xogador. Logo, sería Barroso quen cumpriría esta función para os galegos. No entanto, a falta de 36 segundos Rafa Usín poñía ao Magna Navarra por diante. Xa non había apenas tempo para igualada. Aos galegos escorrégalles entre os dedos o punto que parecía que ían apañar. O Santiago FS caía por 4 a 3.
O Santiago FS cae ante o Magna Navarra

Abel, meta do Santiago FS