top of page

                                                                                                                                                                                               22 de Novembro de 2013

 

Vitoria importante a lograda esta noite polo Santiago FS ante o Marfil Santa Coloma, a cal lle permite ascender á cuarta praza da LNFS.

 

Os composteláns quixeron a pelota nos primeiros minutos, mentres que o Marfil Santa Coloma esperaba atrás e saía ao contragolpe. No minuto 6, Pazos e Chus tiveron unha dobre ocasión que non puido ser aproveitada. No 13, Quintela erraba no 1 contra 1 ante o meta Dídac. Hugo e o propio Quintela puideron abrir o marcador antes do descanso, mais o primeiro tempo finalizou con empate a 0.

 

Á volta do intermedio, serían os visitantes os que deran o primeiro aviso, cun lanzamento de Dani Salgado que marchou fóra. Mais no minuto 27 produciuse o que todo o Multiusos do Sar estaba a desexar. Quintela, nunha gran xogada individual, lograba abrir a lata. E xa sabemos o que soe acontecer cando un equipo que domina e ataca sen descanso logra derrubar o muro rival. No 31, David marcaba o 2 a 0. O terceiro, foi obra do lugués Lucho no minuto 34.

 

O Marfil Santa Coloma, dadas as circunstancias, quixo botarse ao ataque, e Sepe comezou a ocupar o posto de porteiro-xogador. A falta de algo máis de 2 minutos para o final, Dani Salgado puña algo de suspense co 3 a 1. No entanto, os galegos contiveron ben ao equipo visitante e, a falta de 10 segundos para o final, Lucho conseguía o 4 a 1 definitivo. 

O Santiago Futsal retorna ao triunfo

Lucho

bottom of page