x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Xaneiro de 2014
A pista onde esquiaba o heptacampión de Formula 1, Michael Schumacher, no momento en que padeceu o accidente do 29 de Decembro cumpría todas as normas de seguridade. Así o declarou o fiscal galo Patrick Quincy en rolda de prensa, segundo recolle a axencia de noticias Reuters.
Por outra parte, desta vez segundo a axencia EFE, o comandante da Xendarmería Stéphane Bozon, tamén en conferencia de prensa, manifestou que as imaxes gravadas pola cámara situada no casco que portaba o alemán no momento do accidente revelan que Michael Schumacher esquiaba a unha “velocidade normal”, de modo que non existe a vontade dunha “velocidade excesiva”.
Caso Schumacher: a pista cumpría as normas de seguridade
