x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Xaneiro de 2014
A xornada de onte o baloncesto galego estivo de festa. E non precisamente por se tratar do día da Epifanía. Na tarde do luns 6 de Xaneiro de 2014 a selección cadete feminina de baloncesto lograba a medalla de bronce no Campionato de España de Baloncesto disputado en Cáceres entre o 2 e o 6 do presente mes.
As galegas impuxéronse con gran solvencia sobre Castela e León no encontro polo terceiro e cuarto posto, pois venceron por 28 puntos de diferenza no encontro polo terceiro e cuarto posto (39 a 67). As galegas, lideradas por Paula Ginzo (que logrou un dobre-dobre, con 21 puntos e 11 rebotes) e Blanca Millán (con 21 puntos) mostráronse moi superiores ás súas rivais, e levaron a medalla con merecemento. A descanso, xa vencían por 13 puntos (15 a 28) e, á volta do intermedio, a máquina de Galiza non fixo outra cousa máis que esmagar na cancha ás súas contrincantes.
Na final do torneo, por outra parte, Canarias derrotou a Euskadi por un contundente 53 a 72. Quen sabe se, na edición do ano que vén, serán as galegas as que desbanquen do dourado trono ás insulares.
Seguimos coa resaca do bronce
