x
g d
Xornal
GALDEPORTE
30 de Novembro de 2013
O Arxil toma aire antes do parón da Liga Feminina 2 mercé á consecución esta tarde dun novo triunfo, desta vez a domicilio ante o Universidade de Oviedo, o cal lle permite tomar dúas vitorias de vantaxe respecto ao posto de descenso.
Se ben ao final do primeiro cuarto as galegas perdían por 2 puntos (15 a 13), ao descanso xa vencían por 4 (25 a 29). O Arxil realizou un gran segundo período, que se viu magnificado no terceiro, no cal deixaron ás súas rivais en tan só 5 puntos (5 a 17). O derradeiro cuarto foi de baixa puntuación, feito que acabou por favorecer ás pontevedresas, que levaron o encontro por 50 a 67. Neste triunfo, unha vez máis, tivo moito que ver o papel desenvolvido pola xamaicana Tajay Ashemade, autora de 18 puntos, 19 rebotes (case a metade dos 42 logrados polo conxunto do equipo) e 1 recuperación para 25 puntos de valoración.
Segunda vitoria do Arxil

Tajay Ashemade