x
g d
Xornal
GALDEPORTE
18 de Novembro de 2013
Despois de que Sebastian Vettel dese unha nova exhibición no GP dos Estados Unidos, Alonso mostrouse satisfeito coa segunda praza, xa que na súa opinión, ser o segundo equivale a ser “o primeiro dos mortais”, declaracións que aluden á superioridade do alemán.
Con todo, o piloto de Ferrari recoñece que o subcampionato xa estaba máis ou menos asegurado: “ao gañar sempre Red Bull, Raikkonen e Hamitlon tíñano difícil para vencer nas dúas carreiras, e por tanto estou contento nese sentido de facer segundo outra vez”.
Por outra parte, o piloto asturiano manifestou que estaba canso e que non chegaba á competición nas mellores condicións. "Estiven unha semana no sofá, con dores de cabeza, e un pouco estresado toda a fin de semana", declarou a ESPNF1.
Fernando Alonso: “Segundo é o primeiro dos mortais"
