x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Xaneiro de 2014
A vindeira fin de semana, concretamente do 10 ao 12 de Xaneiro, terá lugar o Campionato de España de Ciclocross Segorbe 2014. Hoxe, a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo, coñecemos o nome daqueles e daquelas deportistas que representarán a Galiza neste torneo. Desta forma, a selección estará formada por:
Elite : Mauro González, Jaime Juncal
Sub 23 : Paulo González, Adrián Valverde
Junior: Raúl Fernández, Samuel González
Cadete: Iván Feijoo, Eloy Mota
Máster: David Rodríguez
“Féminas” Elite : Isabel Castro
“Féminas” Junior : Xiana Conde, Desirée Duarte
“Feminas” Cadete : Irene Trabazo, Andrea Tomé, Sara Trigo
As campioas da Copa Federación, Desirée Duarte e Irene Trabazo, serán tidas moi en conta, sen dúbida, polas súas rivais na loita polas medallas. O mesmo podemos dicir de Raúl Fernández, subcampión da dita competición.
Configuración da selección galega de ciclicross
