x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Novembro de 2013
Ter Steger ou Thibaut Courtois? Esa é a prengunta que se está realizar o corpo técinco e a directiva do FC Barcelona e, segundo Diario Marca, non existe acordo entre uns e outros, xa que Steger é o favorito de Andoni Zubuzarreta e Courtois o de Sandro Rosell.
Unha vez sabido que o destino de Victor Valdés estará en Mónaco a partir da próxima campaña, os culés comezaron a buscar substituto para o meta catalán. O pasado 28 de Outubro, o diario 91 Minutos informou dunha viaxe a Alemaña de Zubizarreta co obxectivo de negociar a fichaxe do cancerbeiro do Borussia Moenchengladbach. Non obstante, non sabemos o resultado, o estado nin os termos da dita negociación.
Por outra parte, o presidente barcelonista, Sandro Rosell, manifestou en máis dunha ocasión o seu interese pola incorporación do xogador do Atlético de Madrid Courtois. De feito, segundo comunicaba Diario Sport o 17 de Outubro, o prezo da venda de David Villa aos madrileños podería ter algo que ver cunha futura chegada do porteiro belga ás filas do Barça. Porén, os dereitos deste xogador pertencen ao Chelsea CF e non aos colchoeiros. E aquí preséntase un gran problema para os cataláns, pois José Mourinho declarou a O Jogo o día 21 do mes pasado: ""que o Barcelona se esqueza de Courtrois", pois só aos blues compete onde xogará a próxima campaña.
E, mentres tanto, en Can Barça resoa a mesma pregunta: Steger ou Courtois?
Steger ou Courtrois?

Andoni Zubizarreta