x
g d
Xornal
GALDEPORTE
21 de Novembro de 2013
Peter Sturgess, seleccionador inglés de fútbol sala, finalizou o domingo a súa estadía de unha semana en Lugo na cal traballou, por recomendación de Javier Lozano (presidente da LNFS), co Azkar de Lugo e coa Fundación Azkar.
Nunha entrevista concedida á páxina web da LNFS, o técnico británico gabou á entidade luguesa en diferentes aspectos. Para comezar, declarou que “sentía admiración” pola planificación do club galego, tanto a do primeiro equipo como a das categorías inferiores.
Por outra parte, para Sturgess o Azkar é “un claro exemplo de axuda e de apoio aos países en desenvolvemento do futsal”, pois “ofrecen un acceso total ao seu amplo programa de desenvolvento e fixeron todo o posible para satisfacer todas as miñas peticións e preguntas”.
Mais non só o seleccionador inglés quedou impresionado polo Azkar aspecto deportivo, senón tamén pola Fundación Azkar. “O club traballa moi duro para devolverlle un retorno social á comunidade local”, declarou Strugess.
Sturgess gaba ao Azkar

Peter Sturgess