x
g d
Xornal
GALDEPORTE
20 de Novembro de 2013
A selección española de fútbol vén de protagonizar outro feito dubidoso, desta vez en relación coa FIFA, ente que declarará nulo o resultado do encontro do pasado sábado no Soccer City de Johannesburgo, no cal o combinado anfitrión, Sudáfrica, venceu a España por 1 gol a 0. A causa, o cambio ilegal permitido polos colexiados após a lesión de Víctor Valdés, unha vez os españois xa cumpriran o máximo de trocos establecidos.
Desta maneira, o resultado do encontro non puntúa e, polo tanto, a efectos de ranking os españois non sumarán negativamente porque será como se o partido nunca existise. Desta forma, España mantén os 1513 puntos cos que lidera o ranking FIFA, seguida de Alemaña e Arxentina.
Con todo, o máximo organismo do fútbol mundial prometeu estudar o partido e tomar novas medidas.
O Sudáfrica vs España non puntuará

Lance do encontro