x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Xaneiro de 2014
O pasado día 5 un suceso funesto sacudiu o mundo do fútbol. O mítico futbolista luso, o primeiro portugués (nacido en Mozambique) en gañar un Balón de Ouro (en 1962), Eusébio, falecía vítima dun ataque cardíaco aos 71 anos de idade.
Se onte máis de 10000 persoas acudiron, segundo a axencia de noticias Lusa, á homenaxe que o Benfica lle realizou á “Pantera Negra” hoxe, o club lisboeta, co cal gañou a Copa de Europa de 1962 (ante o Real Madrid, por 5 a 3, con dous goles da súa autoría), quixo renderlle unha nova homenaxe a través do vídeo Todos por ti, Eusébio!, o cal en tres horas acadou a nada desprezable cifra de 4523 visitas en Youtube.
Todos por ti, Eusébio! combina imaxes estelares do xogador con declaracións en varios idiomas sobre el, así tamén chíos da rede social Twitter de diversas personalidades deste deporte.
“Todos por ti, Eusébio!”
