top of page

                                                                                                                                                                                                                    2 de Decembro de 2013

 

Esta fin de semana, os días 7 e 8 de Decembro, Lugo acollerá a segunda edición do Torneo das Seleccións na categoría cadete. Como sucedeu no ano 2011, a cidade da muralla foi a sede elixida para esta competición, onde se enfrontarán as preseleccións masculinas cadete de Galiza, Estremadura e Euskadi e mais a selección sub 18 de Porto.

 

O conxunto galego debutará na competición o día 7 ás 10:30 horas ante Euskadi e, nesa mesma xornada, ás 20:00 horas, medirá as súas forzas con Estremadura. O Galiza vs Porto queda para o día 8 ás 12:00 horas.

 

Este torneo, servirá para os César Iglesias a modo de preparación para o Campionato de España Cadete, que se disputará entre os días 3 e 6 de Xaneiro.

 

Finalmente, ofrecemos lista emitida pola Federación Galega de Baloncesto consistente na relación dos trece xogadores que vestirán a camiseta azul e branca no Pazo dos Deportes de Lugo: Óscar Pérez (CB Sant Yago da Coruña), Pablo Moreira (CB Artai), Samuel Barros (Baloncesto Narón), Álvaro Couselo, Pablo Ferreiro, Joel Kabimba (os tres do Estudiantes de Lugo), Juan Castro (Estudiantes de Pontevedra), Alberto Pérez (BBC), Borja Astray (Seis do Nadal), André Vidal (CB Tui), Pedro Rusell (PBB), Álvaro Gómez (AD Bosco) e Didac Blanco (Cajasol).

Todo preparado en Lugo para o Torneo das Seleccións

bottom of page