x
g d
Xornal
GALDEPORTE
27 de Novembro de 2013
Como vén sendo habitual, a Fundación Celta lanza un ano máis a campaña “Celeste solidario”, mediante a cal o club vigués realizará unha recollida de alimentos e xoguetes que serán entregados ás asociacións Cáritas, A Man que Axuda e Ás 5.
A entidade viguesa quere concienciar aos seus seareiros sobre a importancia da colaboración con aqueles e aquelas que, por mala fortuna, están a vivir o día a día con severos problemas económicos como música de fondo.
Por esta causa, antes dos encontros dos días 30 Novembro (ante UD Almería), 7 de Decembro (ante Athletic Club) e 22 de Decembro (ante CA Osasuna).
Finalmente cabe dicir que as doazóns poderán efectuarse desde tres horas antes do comezo dos partidos até o inicio dos encontros referidos no local Asociación de Antigos Xogadores do Celta.