x
g d
Xornal
GALDEPORTE
23 de Novembro de 2013
O pasado xoves o deporte galego recibiu unha nefasta noticia. A rapaza Alejandra González (RIP), xogadora das categorías inferiores do CBF Pabellón Ourense, falecía aos 15 anos de idade.
Hoxe, no encontro ante o Universidad de Valladolid, as xogadoras do seu club puideron ofrecerlle unha importante vitoria, a cal lles permite coller aire na clasificación.
O CBF Pabellón Ourense saíu moi concentrado, decidido polo partido. Ao final do primeiro cuarto, dominaban o encontro por 13 a 23. Porén, no segundo período, as galegas comezaban a sucumbir ante a intensidade defensa rival. Porén, as pechacancelas tampouco achegaron maior acerto en ataque, e ao descanso chegouse cun marcador de 24 a 36.
No terceiro cuarto, porén, encontramos un cambio no guión do encontro, no cal as vallisoletanas lograban, á súa finalización, reducir a desvantaxe en 5 puntos (45 a 52). O derradeiro período foi intenso, duro en defensa por parte dos dous equipos e igualado. Non obstante, nada cambiou ao seu remate, e o CBF Pabellón Ourense levaba o triunfo por 57 a 64.
A findandesa Laura Saarinen, do Pabellón, foi a auténtica MVP do encontro, con 24 puntos, 15 rebotes, 1 recuperación e 30 de valoración.
Unha vitoria para Alejandra

Laura Kristiina Saarinen