x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Decembro de 2013
Apenas tiveron unha mínima oportunidade de triunfo esta tarde en Coia os xogadores do Club Vigo Voleibol ante o vixente campión, o Unicaja Almería. Os visitantes venceron con solvencia en tres sets, e demostráronlle ao público vigués por que ocupan a terceira posición na clasificación da Superliga Masculina de Voleibol.
Os galegos cederon o primeiro set por 7 puntos (18 a 25). No segundo, chegou a hecatombe. Un Unicaja moi superior varría da cancha a un Club Vigo Voleibol que apenas puido máis que realizar infrutuosas tentativas de se defender (10 a 25). Coa tranquilidade que outorga un marcador global de 2 a 0, os almerienses sentenciaron o partido no terceiro set, no cal venceron por 18 a 25.
A semana que vén, o Club Vigo Voleibol terá xornada de descanso na Superliga Masculina de Voleibol.
O Unicaja esmaga ao Club Vigo Voleibol
