x
g d
Xornal
GALDEPORTE
1 de Novembro de 2013
Uns grandes terceiro e cuarto cuarto permitíronlle esta ao Unicaja pasarlle por riba ao Galatasaray no pavillón Martín Carpena. O partido, pertencente á terceira xornada da Euroliga, saldouse cun contundente 84 a 57 para os locais.
Porén, o resultado final é un tanto enganoso, pois durante os dous primeiros cuartos os malagueños pasaron por relativos apuros ante o campión turco. De feito, o Galatasaray chegou a ir co marcador a favor ao descanso (41-42) despois dun gran segundo cuarto, no cal chegaron a anotar 30 puntos (parcial de 21 a 30).
Todo facía prever un partido igualado, mais a realidade foi diferente ás expectativas. Despois do descanso, o Unicaja fixo valer o factor cancha, saíu máis enchufado, e non perdoou. O terceiro cuarto saldouse cun resultado parcial de 20 a 8. Naquel momento, os andaluces xa dominaban o partido por 11 puntos (61-50). A historia repetiuse no derradeiro cuarto, incluso algo magnificada, cun parcial de 23 a 7.
O Unicaja venceu, por tanto, de 27 puntos, liderado por Earl Calloway (13 puntos, 1 rebote, 5 asistencias e 19 de valoración) e por Nick Caner-Medley (16 puntos, 6 rebotes e 23 de valoración). Pola súa parte, o chantadino Fran Vázquez realizou un partido bastante correcto. Xogou 18:11 minutos, nos cales tivo tempo para anotar 10 puntos, capturar 5 rebotes e conseguir 11 puntos de valoración.
Deste xeito, os de Joan Plaza camiñan con paso seguro por Europa. Son segundos no grupo C da Euroliga, con 2 vitorias e 1 derrota, só por detrás do invicto Olympiacos BC.
O Unicaja pásalle por riba ao Galatasaray
