x
g d
Xornal
GALDEPORTE
2 de Decembro de 2013
Adiantábao La Voz de Galicia o pasado venres. O ciclista galego Gustavo César Veloso renuncia a ofertas de equipos do circuíto UCI Pro-Tour e renovará co equipo ciclista portugués OFM-Quinta da Lixa.
O vilagarcían, antigo corredor do xa extinto equipo galego do Karpin Galicia, volveu dar o seu mellor nivel na escuadra lusa, e por iso o OFM-Quinta da Lixa creará un proxecto de equipo á súa medida. O obxectivo: a conquista da Volta a Portugal 2014.
Con todo, a renovación do contrato terá efecto unicamente durante o período de un ano. Aos seus 33 anos, Veloso non quere pecharlle a porta a un hipotético regreso ao circuíto UCI Pro-Tour no ano 2015.
Veloso renova co OFM-Quinta da Lixa
