x
g d
Xornal
GALDEPORTE
23 de Novembro de 2013
Esta noite, un vendaval arrasou Almería. Estamos a nos referir, como non, ao vendaval branco, que superou por 0 a 5 á UD Almería no estadio Juegos del Mediterráneo.
Os madridistas nin sequera lle deron tempo de se asentar no campo aos rivais cando anotaron o primeiro gol. No minuto 3, Cristiano Ronaldo abría o marcador. O Real Madrid dominaba o xogo e os almerienses, as poucas veces que chegaban, encontraban cun gran Diego López. O marcador non se moveu nos minutos restantes, e a primeira parte finalizaba co resultado de 0 a 1.
Á volta do descanso, o nunha xogada de ataque dos brancos, o astro portugués, Cristiano Ronaldo, ficaba tendido no campo. Logo, no minuto 55, abandonaba o terreo de xogo coa man botada á parte traseira da perna esquerda, vítima dunha mancadura cuxo alcance aínda se descoñece, aínda que el mesmo, segundo a axencia EFE, asegurou que “non era nada” e que mañá será sometido a probas que determinen a natureza e gravidade da lesión.
Con todo, no que ao deportivo se refire, os visitantes apenas notaron a ausencia do seu xogador estrela. No minuto 60, un golazo de Kareem Benzema deixaba o marcador en 0 a 2. Pouco despois, no 72 e no 75, Bale e Isco ampliaban a vantaxe a 4 goles. A piques de se cumprir o tempo regulamentario, Morata anota o 0 a 5 definitivo.